miércoles, 22 de diciembre de 2010

Boletin n6

Xa está aqui, depois dunha temporada axetreada entre cuestións sanitarias, e laborais pola situación da Planta de Servia, este e o noso resumo. Felices festas a todos

miércoles, 22 de septiembre de 2010

jueves, 6 de mayo de 2010

Boletin n4

Xa temos aqui outro número do Boletin, esperamos que vos sexa de interese.





domingo, 11 de abril de 2010

A LOUSA QUE NOS PESA A TODOS

Hai pouco estiven nunha charla de SOS Caurel, na que se proxectou o video do documental que fixo Mabel Ribera con Enrique Banet titulado a Lousa do Caurel, o documental é do 2007 pero seguen peleando, e tedes que velo, eu a verdad sentinme moi identificada e pensei que a menor escala iso pasaba tamén en Lousame pero como creemos que non hai nada que gardar. Pero si que temos paraxes fermosos, e algún dia animareime a poñelos, poque o pensei motas veces.
O resumo é que as veces o interese duns poucos pode co patrimonio de todos.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

¡xa que preguntaches! Vou contar o das Bicicletas de aluguer

O ata hai pouco alcalde de Porto do Son ocurreuselle a idea de traer un servizo de paseo, vexase a Voz de Galicia do 15 de xullo deste ano: El ejecutivo sonense dotará al municipio de una red pública de uso de bicicletas, e seguía, La intención del regidor sonense es que el servicio entre en funcionamiento en el verano del 2010.
Pois insitiu na súa idea e resulta que enbarcou aos concellos de Noia e Lousame, e a Voz publicaba o 30 de outubre que serían financiadas polo Inega e xa estarían en funcionamento incluso no primeiro trimestre de 2010. A ídea para o Son non era mala, porianse a disposición dos veciños nas casa de cultura, pero a orografía e relacións interparroquiais do Concello do Son ou Noia incluso, non ten moito que ver con nos.
Contan cunha subvención de 140.000 euros do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a adquisición dun centenar de bicicletas, así como das estacións base nas que os usuarios as poderán coller en préstamo. Porto do Son contará con dous puntos de recollida: un estará na zona urbana sonense e o outro en Portosín. No caso de Noia, outros dous puntos con 20 unidades cada un, na rúa Besteiros e na zona de San Lázaro, mentres que en Lousame as bicicletas se poderán coller nas inmediacións da casa consistorial, e teremos á nosa disposición 20 bicicletas. Creo que Lousame quedaba moi ben no proxecto, pero hai pouco oín como se queixaban do cara que saía cada unidade. E é que cada base debe custar 10 a 20 mil euros, e as bicicletas en relación entre 400 a 900 euros, a ver o que dura, porque deben ser incribles, ¿andaran soas?

jueves, 19 de noviembre de 2009

Saiu o 2º numero do Boletín. A denuncia é sobre pistas deportivas.


Neste último pleno como noutros dous plenos anteriores preguntamos ao Sr. Alcalde sobre a situación das escolas deportivas. Despois de que nesta tempada estivesen a punto de desaparecer as categorías inferiores do Lesende por falta de diñeiro para o seu mantemento, mentres cada verán vemos como se celebran no flamante novo campo de fútbol do concello de Lousame, torneos do Viño para equipos de fóra, afortunadamente este ano algún equipo decatouse a tempo da inscrición, pero antes foron equipos de fóra os que o xogaron, case de estrea no campo de Cabanetan.
Non sei si se decata o Sr. Alcalde que ese campo se conseguiu grazas a ter equipos federados, e a importancia que supón telos, o campo non se mantén con pachangas de amigos. Pero parece que agora que xa o conseguiu, o máis doado e que o manteñan outros, mentres e novo non se pensa no mantemento.
E que parece que ao señor alcalde só ocupa os seus esforzos nos seus proxectos nos que él lle conveñen, porque o deporte xa non lle parece interesante, pistas deportivas por todo o Municipio, que caen a cachos, como mostran as fotos de Vilacoba e Lesende, como exemplo, porque hai outros, vale que na parroquia de Lesende xa teñen un, pero en Cruido xa teñen máis de unha instalación deportiva e estase a pensar en facer outra, si vamos a diversificar fagámolo ben. Hai que empezar a pensar en manter. Un bo plan de mantemento é moito mellor que construír de novo, pero xa se sabe as obras de mantemento non serven para saír nas fotos. Ao mellor por iso xa non se coidan a escolas deportivas, porque xa pasaron as eleccións e para as próximas aínda faltan case dous anos. Pois as familias dos nenos, que acoden a estas escolas, pagan o mesmo que hai un ano, e por moito menos, seguen pagando 160 euros por neno. E antes tiñan desprazamentos e mesmo merenda. Está claro dalgún sitio hai que sacar e non llo van sacar do seu soldo.
Pois agora ademais dunha posible nova Pista Deportiva, solicitouse á Deputación un espazo de ximnasio ao aire libre para maiores, ademais dun investimento en bicicletas, que coñecemos recentemente polo xornal, co Concello de Noia e o de Porto do Son, haberá que ir hasta elas en coche, e logo alugalas para percorrer as nosas vías, ou mesmo ir ata Noia, si señor, iso si é apostar polo deporte, haberá que ver se dentro duns meses a foto dunha delas, oxidada, non é obxecto desta páxina.